lunes, 9 de octubre de 2023

Club Kárate Xinzo. Campionato Galego Cadete, Júnior e Sub-21 - 8 de outubro de 2023

O Club Kárate Xinzo acadou tres bronces no Campionato galego cadete, junior e sub 21, celebrado onte en Ferrol, da Federación Galega de Karate.

Gabriela Sanmartín Santiago foi bronce en kata cadete feminino e tamén en Kumite Cadete feminino, na categoría de menos de 61 kilos.

Martín Alonso Arredondo conseguiu o bronce en Kumite Cadete masculino, na categoría de menos de 52 kilos. O último competidor, despois de ser declarado gañador polos xuíces e tras unha reclamación do contrario, non puido loitar polas medallas debido a un resquicio regulamentario.

Para todos foi a súa primeira vez nun Campionato galego.

Parabéns.








0 comentarios :

Publicar un comentario

este es el contacto Contacta con nosotros

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *